Faro de Corrubedo




O Faro de Corrubedo comeza a dar destellos no 1984 nunha zona moi perigosa. Desde entón sofreu un par de trocos importantes por mor dos numerosos accidentes ao seres confundido co faro de Sálvora; o primerio no 1921 e o segundo no 1934, data na que se dota dunha característica cor vermella que marcaría a diferencia co seu compañeiro de costa e así poderes cumprir con eficacia a súa importante misión.

Este faro presume de historias tráxicas tanto na mar coma na terra. Na mar debido a esa confusión co seu veciño ata que se lle instalou o dispositivo vermellón cuxo escintileo na noite produce efectos estranos nas fotografías de longa exposición.

O acceso por terra é sinxelo, pois chégase a través dunha pista que descorre en liña recta e de lonxitude considerábel, polo que pode resultar atractiva para os despreocupados entusiastas da velocidade. Xa non sería o primeiro que colisiona con el.

Os amantes do misterio seguramente poderán atopar inspiración para escribir unha boa crónica posto que ademais das numerosas vidas que aquí desapareceron prematuramente, na súa contorna preséntanse varias edificacións abandoadas e ruinosas, o que na noite imprímelle un aspecto bastante sinistro.

Porén, tal coma nos conta no El Economista en "Así será el complejo hotelero del faro de Corrubedo", nova que tamén foi publicada en máis noticiarios de prensa, o futuro deste faro parece que se sumará ao dalgún outro.


Comentarios

Publicacións populares