Coma peixe fóra da auga

 Por Anxo Dafonte, 2021

Ctenolepisma Longicaudata

O noso urbanita veciño é un insecto tisauro ó que coñéceselle por moitos nomes. Os máis comúns son peixiño de prata, peixe prateado de cola longa, lepisma da fariña, lepisma do azúcre, traza, cascuda de auga ou sardiñeta.


O seu nome científico xenérico é Lepisma Saccharina (unha denominación que a min persoalmente non me gusta moito pois lémbrame máis ó químico edulcorante) e tamén coma Ctenolepisma Longicaudata que é o que prefiro usar eu e penso que identifica mellor ó protagonista desta sesión fotográfica.

Coñecendo ó lepisma

As zonas onde podemos atopar este ser son moi variábeis e dispares entre si. Desde habitar practicamente todo o continente americano, así coma o Caribe ata ser ademais un habitual residente europeo. O que non teño demasiado claro é onde podería ter orixe aínda que a súa alimentación favorita faime pensar que puidemos ser os europeos os exportadores da especie a outras latitudes.

Trátase dun insecto moi axil e que sofre de fototaxia negativa, é dicir, non soporta a luz e trata de fuxirlle ó igual que fan outro tipo de cascudas. Así que en realidade é máis abundante do que podemos crer nun primeiro intre porque non é nada sinxela de observar.


O hábitat do lepisma

Gústalles vivir entre papel e cartón xa que vive de alimentarse de mofo e almidón coma o que pode atopar na cola usada prá encadernación dos libros. Encántanlles as bibliotecas pois deben ser, e nunca mellor dito, uns grandes devoradores de letras.

Tamén podémoslas atopar nos edificios e nas casas de máis antiga construción xa que agóchanse entre as súas fendas. Gústanlles os lugares húmidos e escuros.


A morfoloxía do lepisma

O seu corpo está formado por escamas prateadas e con moito brillo que dan nome á especie. Presenta grandes antenas: dúas na cabeza e que se atopan xunto doutros dous apéndices baixo a mesma; e, outras dúas ó final do seu corpo.


Defensas contra o lepisma

Un dos depredadores naturais máis importantes deste insecto son as arañas que o manteñen a raia evitando convertelo nunha praga xa que reprodutivamente falando, atopámonos ante unha especie bastante efectiva e polo tanto prolífica.

Unha femia podería chegar a poñer cen ovos aproximadamente se a temperatura ambiente se mantén entre os 25ºC e os 30ºC, así que non te sorprenda velos máis durante o verán.



Comentarios