O molesto pasaxeiro

Por Anxo Dafonte, 2021

Non sei se vos acontece pero coma eu non son biólogo e non teño intención de parecelo, cóstame un montón identificar as especies que fotografío. Porén, non podo evitar tentar facelo.

Cando este molesto mosquito veu facerme compaña e a tratar de sucarme o sangue sen achicarse a pesares da miña clara superioridade coma especie, non tardei en collerlle certa simpatía polo valente que me pareceu. 

Poñendo unha bolsa de arroz coma estabilizador e axudado duns tubos de extensión puiden acadar estas tomas tan espectaculares e que ao mesmo tempo me producen certo terror unha vez descuberto o verdadeiro rostro desta criatura que non podo deixar de pensar que se me asemella a un alieníxena moi famoso por protagonizar unha das mellores sagas cinematográficas da ciencia ficción.

Nun primeiro momento crin que estaba ante un mosquito tigre por esas cores tan particulares das que presume, pero co tempo decateime de que o mosquito tigre chámase cientificamente Aedes Albopictus e iso lévanos a pensar nunhas raias de cores brancas e negras.

Así que ao final, alimentando a miña curiosidade, case que prefiro decantarme por un mosquito máis común chamado Culex Molestus e cuxo nome pode ser usado tamén pra facer chistes sinxelos e que provén doutro todavía máis común, o Culex Pipiens e de feito, primeiro foi chamado Culex Pipiens Molestus... supoño que a alguén lle pareceu máis explícito quitarlle o de Pipiens.

Comentarios